Alumnado do IES de Carral realiza diferentes actividades sobre seguridade viaria

ACoruñaXa
Recibiron obradoiros, actividades e participaron en xornadas de diferentes temáticas
carral-policia
28 Jan 2025

O alumnado do IES de Carral gozou de múltiples actividades sobre seguridade viaria da man do Concello de Carral e da Policía Local, en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña. Alumnos e alumnas recibiron un obradoiro de videoxogos e de como utilizar as redes para axudar á elección da formación en idades decisivas, impartido por Jacobo Muiño Morandeira, antigo alumno do centro e veciño de Tabeaio.

Así, realizaron actividades de Educación Viaria impartidas pola Policía Local do Concello, así como dunha xornada sobre Bullying, Violencia e Acoso sobre mozos en idade escolar, impartida na sede da Fundación María José Jove. Tamén se impartiu unha xornada sobre Vítimas en Accidentes de circulación coa colaboración como poñente de Martín Varela Dourado, no Edificio Social Toñito Espiñeira.

Dende o Concello de Carral queren agradecer á Policía Local polo seu labor e por levar a cabo esta actividade, así como á colaboración desinteresada e altruísta dos poñentes, á Fundación María José Jove e á Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

0.195317029953