Alumnado de secundaria citarase na IV Feira de Orientación académica e profesional

ACoruñaXa
Será un evento no que participan diversas entidades para informar de alternativas académicas e profesionais
CARTEL-FEIRA-25-oleiros
16 Feb 2025

O Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz acolle, o mércores 19 de febreiro, a celebración da IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de formación profesional, educación secundaria e Bacharelato.

Trinta entidades entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalaría, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias entre outras, informarán durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Durante a mañá, de 9.30 a 13.30 horas, uns 660 alumnos e alumnas dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por mestres e orientadores, visitarán a Feira en distintas quendas. Pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, o evento abrirá ás súas portas a todo o público interesado.

Este encontro está organizado polo Concello de Oleiros en colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria existentes no concello, IES  Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.

0.17382192611694