Alternativa reclama reactivar de inmediato o mantemento das vías municipais en Culleredo

ACoruñaXa
O servizo leva tempo sen funcionar con normalidade e o grupo pide reparacións urxentes por seguridade viaria
CULLEREDO Alternativa carreteras
22 Sep 2025

Alternativa dos Veciños urxe ao Concello de Culleredo a poñer en marcha de inmediato o servizo de conservación e reparación das vías municipais, que —segundo denuncia— leva tempo sen operar de xeito efectivo e está a provocar un deterioro notable da rede viaria local. A formación sinala que existen tramos con firme degradado, fochancas e sinalización deficiente que afectan á seguridade e ao benestar da veciñanza.

O goberno municipal recoñeceu recentemente que o servizo non está operativo nestes momentos e informou, a raíz das demandas de Alternativa, da sinatura dun contrato cunha empresa para retomar as actuacións de mantemento no menor prazo posible, aínda que aínda non entrou en vigor. Alternativa reclama calendario, prioridades e medios para actuar nos puntos máis críticos e evitar incidencias no tráfico diario.

A formación anuncia que manterá a presión ata que o dispositivo estea en marcha e pide un plan estable de reposición de firme, bacheo, limpeza de beiravías e renovación de sinalización horizontal e vertical. “É un servizo esencial e debe estar operativo con continuidade para garantir unha rede viaria segura para quen transita a diario polo municipio”, subliñan.

⚙ Configurar cookies
0.12038397789001