Alternativa reclama accións polo abandono das instalacións deportivas de Sésamo

ACoruñaXa
O grupo municipal pide explicacións ao Concello polo déficit de mantemento e os riscos que presenta o recinto
CULLEREDO pista abandono
23 Oct 2025

O grupo municipal Alternativa interesouse polo estado de deterioración das instalacións deportivas da parroquia de Sésamo e avanzou que solicitará información detallada ao Concello sobre as causas do abandono e o calendario de actuacións previsto.

Segundo a formación, o espazo presenta deficiencias graves de mantemento: falta de sinalización nos accesos, maleza invadindo as pistas, camiños case intransitables, material deportivo abandonado e o estado ruinoso dos antigos vestiarios. 'Resulta lamentable que o patrimonio de Sésamo se atope neste estado e queremos saber que motivou tal abandono', indicou a portavoz Thais Palla.

Alternativa solicita medidas urxentes para recuperar a seguridade e a funcionalidade do recinto, así como un plan de posta a punto que inclúa limpeza, desbroce, reparación de pistas e renovación dos vestiarios, ademais dunha sinalización axeitada e mantemento periódico.

⚙ Configurar cookies
0.072005987167358