Alternativa dos Veciños suma o apoio da Deputación fronte aos abusos das eléctricas e telefónicas

ACoruñaXa
A formación demanda unha actuación coordinada das institucións para poñer coto a prácticas que califican de abusivas
antena-telefonia-portada
5 May 2025

Alternativa dos Veciños traslada que a Deputación da Coruña reclamará tanto ao Goberno do Estado como á Xunta de Galicia que realicen “todos os cambios normativos e legais necesarios para impedir que ningunha empresa privada de enerxía ou telecomunicacións paralice obras públicas por intereses privados ou de forma arbitraria”. Así o acordou o pleno provincial por unanimidade dos tres grupos –PP, PSOE e BNG– a proposta de Alternativa dos Veciños.

A moción impulsada por Alternativa dos Veciños solicitaba medidas lexislativas desde ambas administracións co obxectivo de “axilizar a realización das obras públicas de concellos e deputacións e non permitir que ningunha empresa privada antepoña os seus intereses aos do interese xeral”.

Alternativa dos Veciños advertiu de que “a privatización de servizos públicos básicos como a telefonía ou a electricidade non só a sofren concellos e deputacións. Cidadáns particulares e empresas tamén padecen atrancos e trabas de toda índole cando realizan obras nas que necesitan da participación dalgunha destas compañías, coas que ademais comunicarse é practicamente imposible”.

A formación considera imprescindible que se poña fin a unha situación que ralentiza obras clave en Oleiros e afecta tanto a administracións como á cidadanía, pedindo unha actuación coordinada das institucións públicas para poñer coto a prácticas que califican de abusivas.

⚙ Configurar cookies
0.19379782676697