Alternativa dos Veciños propón construír unha residencia para estudantes na Cros

ACoruñaXa
A formación considera que o espazo xa urbanizado é idóneo e que o proxecto podería financiarse con fondos autonómicos e estatais en colaboración coa Universidade da Coruña
CULLEREDO la cros
11 Nov 2025

Alternativa dos Veciños presentou unha moción no Concello de Culleredo para impulsar a creación dunha residencia para estudantes na Cros. A iniciativa, segundo explican desde o grupo, busca dar resposta á crecente dificultade de acceso á vivenda para a mocidade e o alumnado universitario da comarca da Coruña.

A proposta foi posposta para o seguinte pleno, co obxectivo de que os diferentes grupos políticos da corporación poidan estudala en detalle e facer unha valoración máis axustada antes da súa votación.

Desde Alternativa dos Veciños destacan que o ámbito da Cros conta coa vantaxe de estar xa urbanizado, o que permitiría axilizar a execución das obras e reducir custos. “Sería unha localización ideal para facer realidade os anuncios da Xunta de Galicia sobre a necesidade de crear este tipo de servizos destinados á mocidade”, apuntan.

A formación tamén sinala que o proxecto podería financiarse con fondos autonómicos e estatais, en colaboración coa Universidade da Coruña, e defende que Culleredo reú­ne as condicións idóneas para acoller unha infraestrutura deste tipo pola súa proximidade á cidade herculina e polas boas comunicacións co campus.

A decisión sobre a moción será debatida pola corporación municipal no próximo pleno.

⚙ Configurar cookies
0.08594799041748