Alternativa dos Veciños insta ao Concello de Carral a aprobar obras de mellora

Alternativa dos Veciños indica que obras a incluir no Plan Provincial da Deputación protagonizarán o pleno municipal de Carral, que "deberá aprobar estas iniciativas para aumentar a calidade territorial do concello".
Sinalan que o plan de obras inclúe o saneamento de Gosende en Tabeaio, ampliar o de
Cañás, mellorar a polideportiva do Espiño, en Paleo e a rede de iluminación con tecnoloxía led no lugar de Pedreiro, tamén en Paleo, así como a capa de rodadura e formación de cunetas de formigón na Rúa da Fraga. En Cañás mellorarase a iluminación pública entre Sergude a Cañás e as cunetas da rúa Vista Real. Tamén se mellorará a capa de rodadura e Cimadevilla a Montecelo, na parroquia de Quembre.
As obras van incluídas en dous plans provinciais e con fondos do Concello. En total a achega provincial é de 1.184.087 euros, que se engaden á cantidade de 44.876 euros para gasto corrente. Alternativa dos Veciños di que no próximo pleno considérase como un dos máis importantes de 2025 e o alcalde agarda unha asistencia importante por parte da veciñanza ao salón de Plenos para o próximo xoves ás 20.00 horas.