Alternativa dos Veciños de Bergondo celebra a inminente expropiación de Villa Julia

ACoruñaXa
Traslada que a Deputación dá un paso na mellora da seguridade viaria na estrada entre Guísamo e Guiliade
Imaxe do pleno do Concello de Bergondo
24 Mar 2025

Alternativa dos Veciños de Bergondo traslada que a Deputación da Coruña acaba de dar un paso importante no proceso para mellorar a seguridade viaria na estrada entre Guísamo e Guiliade (DP0810), ao remitir á Xunta o expediente para expropiar os terreos necesarios para ampliar un dos puntos máis conflictivos de Bergondo, en San Paio.

Indican desde o grupo que esta estrada, de dobre sentido, converteuse nun verdadeiro punto negro para a seguridade, xa que no tramo que discorre cerca de Villa Julia, a vía está tan estreita que resulta perigosa tanto para a circulación de vehículos como para os peóns. A expropiación das fincas afectadas, concretamente de Villa Julia, é unha medida que, despois de máis de 10 anos de trámites, pleitos e obstáculos, parece que finalmente se fará realidade.

O propietario da finca afectada sempre se negou a colaborar no proceso de expropiación, causando que esta mellora, tan necesaria para a seguridade de veciños e veciñas, se atrasara constantemente. Ademais, a falta de resolución por parte das administracións competentes e algúns erros no proceder de estas tamén contribuíron á demora.

Desde Alternativa dos Veciños de Bergondo levan moito tempo solicitando solucións para este grave problema, levando o asunto en varias ocasións ao Pleno da Deputación. Agora, tras a remisión do expediente á Xunta, agárdase que se resolva rapidamente e que a Deputación inicie a contratación da obra para mellorar esta zona de risco.

A mellora deste tramo da estrada é unha prioridade para garantir a seguridade dos veciños e veciñas de Bergondo, e desde Alternativa dos Veciños confían en que a obra se leve a cabo sen máis demoras.

⚙ Configurar cookies
0.58670783042908