Alternativa dos Veciños de Arteixo reitera a necesidade dunha nova residencia de maiores

ACoruñaXa
Sinalan que o Concello conta cos medios técnicos e cos recursos económicos necesarios
maiores-recurso
30 Jan 2025

Alternativa dos Veciños de Arteixo reitera a necesidade iniciar os tramites para poñer en marcha a construción dunha nova residencia de maiores no municipio: “O equipo de Goberno, seguindo na súa liña, sempre tirou balóns fóra, mirou para outro lado e culpabilizou a outras administracións da escaseza de prazas en residencias para maiores no noso Concello”. Así o trasladou a concelleira de Alternativa en Arteixo, Noelia Martínez Canosa.

“Agora, como resposta a presión veciñal -a cal agradezo enormemente o seu compromiso e o seu labor en defensa do interese xeral da veciñanza arteixá-, resulta que lle solicitan a construción a administración provincial e poñen a disposición da Deputación unha parcela municipal que, segundo o Goberno municipal, reune todas as características para levar a cabo a construción dunha residencia de maiores. É dicir, existía unha parcela municipal onde se podía desenvolver unha nova residencia pero non moveron un só dedo ata agora. Nin tan sequera o fixeron cando no seu momento lles solicitei que o edificio do Balneario -adquirido e doado ao Concello pola Fundación Amancio Ortega- fose reconvertido nunha residencia de maiores, xa que para o noso entender e parecer era a localización e o espazo idóneo”, dixo.

Alternativa dos Veciños de Arteixo desexa que se leve a cabo a construción dunha nova residencia de maiores no municipio, sexa con financiación doutras administracións ou con recursos municipais. Por sorte, sinalan, o Concello de Arteixo conta cos medios técnicos e cos recursos económicos necesarios para poder asumir a construción dunha residencia, e é por iso, que se non se leva a cabo, é como consecuencia da negativa do actual equipo de Goberno.

0.14554500579834