Alternativa dos Veciños de Arteixo reclama melloras urxentes na Escola Infantil de Vilarrodís-Oseiro

ACoruñaXa
A concelleira Noelia Martínez Canosa indica que pais e nais do alumnado denuncian o mal estado das inmediacións
alternativa-arteixo
26 Mar 2025

A concelleira de Alternativa dos Veciños de Arteixo, Noelia Martínez Canosa, solicitará no pleno municipal que o Goberno Municipal leve a cabo melloras nas inmediacións da Escola de Educación Infantil de Vilarrodís-Oseiro. A súa demanda responde ás queixas trasladadas por veciños e, especialmente, por pais e nais do alumnado, que denuncian o mal estado da contorna do centro.

Martínez Canosa subliña que nas inmediacións da escola existen fochancas nos accesos e na zona de aparcadoiro, unha gran acumulación de maleza e un cadro eléctrico sen porta, que leva meses cercado por valos provisionais sen garantir a seguridade. “Presentamos este rogo para que o Goberno Municipal actúe canto antes e poña solución a unha situación que pon en risco tanto aos menores como ás familias que acceden ao centro cada día”, destacou a concelleira.

⚙ Configurar cookies
0.084311008453369