Alternativa Culleredo saca adiante unha moción para a revalorización da parroquia de Sésamo

ACoruñaXa
A iniciativa contempla a rehabilitación das instalacións deportivas e a mellora da contorna da Capela de San Cosme, así como a conservación dos accesos e estradas
pleno-culleredo
5 Dec 2025

A moción presentada por Alternativa Culleredo para mellorar a parroquia de Sésamo foi aprobada por unanimidade de todos os grupos no último pleno municipal. A iniciativa contempla a rehabilitación das instalacións deportivas, melloras na zona ao redor da Capela de San Cosme e actuacións para a conservación dalgunhas das estradas de acceso á parroquia.

Parte da mellora da infraestrutura deportiva, explican desde Alternativa dos Veciños, xa foi incluída no modificativo de crédito aprobado na mesma sesión plenaria.

A formación valora este acordo como “un paso adiante para que a veciñanza de Sésamo poida volver a gozar das instalacións deportivas, que se mellore a contorna da Capela de San Cosme e se tomen medidas de conservación dalgunhas das estradas de acceso á parroquia”.

Thais Palla, portavoz de Alternativa Culleredo, destaca que “a rexeneración destas zonas para o lecer e o deporte son un servizo para a veciñanza da parroquia, pero tamén para aquelas persoas que viven nas zonas máis urbanas”.

⚙ Configurar cookies
0.087795972824097