Alternativa convoca asembleas parroquiais para escoitar á veciñanza e facer balance da situación municipal

Alternativa dos Veciños porá en marcha ao longo do mes de marzo unha rolda de asembleas abertas nas distintas parroquias de Carral. O obxectivo, segundo explica o grupo, é dobre: escoitar de primeira man as inquedanzas da veciñanza e trasladar a súa visión sobre a situación actual do Concello tras a moción de censura que retirou a Alcaldía ao seu candidato, Javier Gestal.
A formación sinala que estes encontros servirán tamén para detallar as actuacións que se están executando actualmente no municipio, que atribúe a proxectos impulsados e aprobados durante o seu período de goberno, e para recoller propostas coas que, posteriormente, pedirá actuacións ao executivo local.
O calendario de reunións é o seguinte:
- As Travesas (Casa Avelina), 5 de marzo ás 20.00 horas
- Cañás (Local Social), 6 de marzo ás 20.00 horas
- San Vicente (Local Social), 7 de marzo ás 20.00 horas
- Beira (Local Social), 12 de marzo ás 20.00 horas
- Canedo (Local Social), 13 de marzo ás 20.00 horas
- Barcia (Local Social), 15 de marzo ás 18.30 horas
- Sergude (Local Social), 20 de marzo ás 20.00 horas
- Quembre (Local Social), 21 de marzo ás 20.00 horas
- Tabeaio (Local Social), 22 de marzo ás 12.00 horas
- Paleo (Toñito Espiñeira), 27 de marzo ás 20.00 horas
- A Cabra (Local Social), 28 de marzo ás 12.00 horas