Alerta laranxa por fenómenos costeiros no litoral da Coruña e Pontevedra

GaliciaXa | ACoruñaXa
A AEMET e a Xunta de Galicia avisan dun temporal que comezará o martes 11 de novembro e se estenderá ata as primeiras horas do mércores 12
Imaxe dun temporal costeiro na cidade da Coruña
11 Nov 2025

A Xunta de Galicia activou para o martes 11 de novembro, a alerta laranxa por fenómenos costeiros adversos no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo a previsión da AEMET, está previsto vento do sur ao suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste ou suroeste con ondas de ata seis metros.

Os organismos din que o episodio comezará na madrugada do martes no noroeste, oeste e suroeste da costa coruñesa, así como nas Rías Baixas e na beira do Miño, e poderase prolongar durante boa parte do martes e as primeiras horas do mércores. En consecuencia, suspéndese a actividade deportiva e das competicións federadas no mar, desde as 09.00 horas do martes ata as 09.00 horas do mércores.

As autoridades recordan que é fundamental que a cidadanía evite paseos polos diques, rompentes e zonas expostas á liña de costa, revise os cabos e amarres das embarcacións e manteña especial cautela se vai navegar ou realizar actividades no mar ou nas zonas costeiras.

⚙ Configurar cookies
0.073691844940186