ALAS A Coruña recibirá o Premio Tomás Fábregas 2025 pola súa defensa dos dereitos LGTBI

O Concello da Coruña anunciou que a Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual, ALAS A Coruña, será galardoada co Premio Tomás Fábregas 2025, un recoñecemento que distingue a persoas e entidades que destacan na defensa dos dereitos das persoas LGTBI. A entrega do premio terá lugar o mércores 16 de xullo no Salón de Plenos do Concello, coincidindo co 15.º aniversario da fundación da asociación.
A alcaldesa da Coruña destacou que “ALAS A Coruña encarna, coma poucas, o espírito do Premio Tomás Fábregas, pola súa capacidade para mobilizar a sociedade e sensibilizar sobre a diversidade”. Ademais, o Concello quere salientar o papel determinante da asociación como acusación popular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz, cuxo veredicto recoñeceu en 2024 a motivación homófoba como agravante do crime, marcando un fito na loita contra os delitos de odio.
Ao longo da súa traxectoria, ALAS Coruña puxo en marcha o Observatorio contra a LGTBIfobia, organizou numerosos obradoiros en centros educativos e proporcionou apoio legal e psicológico a milleiros de persoas, sempre coa colaboración do Concello. “A Coruña é hoxe un referente na defensa da diversidade e dos dereitos da comunidade LGTBI. Iso débese ao compromiso de entidades como ALAS Coruña e ao tecido asociativo que construímos entre todas e todos”, rematou a alcaldesa.
O galardón leva o nome do activista coruñés Tomás Fábregas (1958–1994), símbolo internacional na loita polo acceso universal á saúde e polos dereitos das persoas con VIH. Na súa primeira edición, o premio foi entregado a Fina Baliñas, enfermeira e activista pioneira na atención a persoas con VIH na Coruña.
Programación do Orgullo 2025
8 de xullo
- 12.30 horas: Recepción institucional: 20 anos do matrimonio igualitario
- 17.00-20.00 horas: Obradoiro “Nomearnos é existir” – Escritura narrativa
Espazo Diverso – CC Cidade Vella
9 de xullo
- 17.00-20.00 horas: Obradoiro: Mirando máis aló do binarismo de xénero. CC Castrillón
10 de xullo
- Obradoiro: A túa voz, a túa identidade. Espazo Diverso – CC Cidade Vella
14 de xullo
- 17.00-19.30 horas: Contacontos “Planeta LGBT” (Orgullo de Barrio Monte Alto)
Salón de Actos – CC Castrillón · 17:30 · entrada libre
15 de xullo
- 17.30 horas: Contacontos “Planeta LGBT” (Orgullo de Barrio Os Castros). Salón de Actos – CC Castrillón
- 17.00-19.30 horas: Obradoiro “Entre Corpos”. Espazo Diverso – CC Cidade Vella
16 de xullo
- 17.00-19.30 horas: Taller de Pandeireta. CC Monte Alto
- 17.30 horas: Premio Tomás Fábregas. Salón de Plenos – Pazo Municipal
17 de xullo
- 19.00-21.00 horas: Conversa: Falemos do Chemsex. Sexo químico e saúde. Domus