AJE e o Concello da Coruña colaboran na formación e titorización de mozos en emprendemento laboral

ACoruñaXa
Impartirase formación en TIC e IA no proceso de emprendemento e negocio asíc omo marketing dixital para empresas
Imaxe da sinatura entre o Concello e AJE
3 Xuño 2024

O Concello da Coruña renova o convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña (AJE) para a formación e titorización de mozos e mozas en materia de emprendemento. A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da asociación, Eva Rosende, asinaron o convenio de colaboración polo que o Concello achegará 35.000 euros para o financiamento do programa ‘Propulsa!’ durante este ano 2024.

O programa ‘Propulsa!’ ten como obxectivo fortalecer o emprendemento dos mozos e mozas. Conta cunha formación de 40 horas dividida en tres bloques: 20 de formacións grupais, repartidas en 5 cursos de 4 horas cada unha; 6 horas de networking, divididas en 2 sesións de 3 horas; e 7 horas de mentorías individualizadas de acompañamento, xunto con 2 horas de titorización xeral e 5 de titorización especialista. Ademais, 50 proxectos poderán optar a unha bolsa de 350 horas de acompañamento individual. Con este convenio, o Goberno de Inés Rey apoia á mocidade, facilitando oportunidades para os mozos e mozas de desenvolver o seu proxecto laboral.

As actividades comenzarán este mesmo mes de xuño cunha formación grupal baixo o título “Propulsa o teu negocio”, como introdución as outras catro sesións previstas ata o mes de decembro. O calendario é o seguinte:

  • 28 de xuño | De 10.00 a 14.00 horas | “Propulsa o teu negocio”
  • 12 de xullo | De 10.00 a 14.00 horas | “Tecnoloxía para o emprendemento”
  • 24 de setembro | De 16.00 a 20.00 horas | “Vender a túa empresa en RRSS”
  • 22 de outubro | De 16.00 a 20.00 horas | “Como potenciar o teu negocio local. Optimización con Google my Bussines”
  • 26 de novembro | De 16.00 a 20.00 horas | “Inteligencia Artificial-Chat GPT”

O obxectivo é enfocar a captación de persoas participantes en materias que poidan marcar unha diferencia para os seus proxectos, grazas ao aproveitamento das oportunidades do mercado. En canto ao asesoramento, os horarios concretaranse entre mentores e persoas asesoradas. Poderán realizarse de forma presencial nas salas do Accede Papagaio ou en liña. A inscrición pode realizarse na seguinte web.

0.15753483772278