Aínda quedan prazas vacantes nos seminarios promovidos polo Concello de Oleiros

ACoruñaXa
Hai dous: 'O acompañamento emocional durante o curso escolar en Primaria' e 'A crianza baseada na confianza, na seguridade e na autonomía'
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
11 Out 2024

Aínda quedan prazas vacantes no seminario denominado 'A crianza baseada na confianza, na seguridade e na autonomía' de 16 horas e dirixido a familias con fillos de 0 a 10 anos.

O obxectivo é coñecer e profundizar nunha crianza alternativa ao método baseado no condicionamento (castigos e premios) a través dunha metodoloxía baseada na Disciplina Positiva, coa que se aprenderán habilidades sociais baeadas no respecto, na motivación e na búsqueda de solucións, desde a educación emocional e o establecemento de límites, que lles permita medrar con autoestima, seguridade e autonomía.

O seminario será o 19 outubro de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; o 29 outubro e 5, 12 e 19 novembro de 18.00 a 20.00 horas.

Por outra banda, tamén poderán anotarse as familias interesadas no seminario 'O acompañamento emocional durante o curso escolar en Primaria', de 16 horas. O obxectivo é apoiar ás familias nas pautas a seguir durante o curso escolar dende un apoio emocional para fomentar a autoestima e a seguridade das crianzas.

Este será os días 16, 23 e 30 outubro de 18.00 a 20.00 horas; os 6, 13, 20 e 27 novembro de 18.00 a 20.00 horas, e os días 4 e 11 novembro de 18.00 a 20.00 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse mandando os seus datos persoais (nome e teléfono) ao correo electrónico s.sociais@oleiros.org. Máis información no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros.

0.18035292625427