Agromuralla celebra o Día Mundial do Leite cun acto para achegar a produción á sociedade

LugoXa | ACoruñaXa
Na mesa informativa instalada por Agromuralla o consumidor poderá recibir información sobre as características nutricionais
dia_mundial_do_leite
Cartel da cita
30 May 2024

A asociación Agromuralla, formada por gandeiros e gandeiras das provincias da Coruña e Lugo, conmemorará este sábado 1 de xuño o Día Mundial do Leite cun acto informativo na Alameda de Santiago de Compostela no que os cidadáns poderán descubrir que hai detrás dun vaso de leite.  Con este obxectivo, durante todo o día membros da asociación colocarán un stand informativo preto da estatua das Marías que hai no parque compostelán que poderá visitarse desde ás 10 da mañá até as 8 da tarde e onde os que se acheguen terán a posibilidade de sentirse "gandeiros por un día" muxindo unha vaca e levando para a súa casa unha botella de leite.

"Queremos achegar o noso traballo ao consumidor e concienciar ao público máis urbano dos beneficios sociais e ambientais que aporta o sector agrogandeiro para o mantemento da poboación e a paisaxe das zonas rurais", explican desde Agromuralla. Como cada 1 de xuño, este sábado celébrase o Día Mundial do Leite, unha efeméride establecida no ano 2001 pola FAO para destacar a importancia do leite como alimento fundamental para a humanidade e recoñeder o traballo dos gandeiros que o producen.

Na mesa informativa instalada por Agromuralla o consumidor poderá recibir información sobre as características nutricionais do leite, (fonte de calcio, vitaminas e minerais e un dos produtos máis completos na dieta humana) así como os seus beneficios para a saúde a nivel óseo e cardiovascular ou mesmo para previr varios tipos de cancro.

Agromuralla quere desmontar bulos e "fake news" que proliferan na actualidade, xa que, aseguran, "a inmensa maioría das mensaxes que circulan sobre os supostos perigos asociados ao consumo de lácteos son erróneas, ao igual que as que defenden que as bebidas vexetais poden ser sustitutivas do leite, algo que non é certo".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20437479019165