Adiada por mal tempo a III Miño Milla pola Paz, que pasa ao 9 de febreiro

A III Miño Milla pola Paz non se celebrará finalmente este venres, 30 de xaneiro. O Concello anunciou o adiamento da actividade debido ás malas previsións meteorolóxicas e fixou unha nova data: luns, 9 de febreiro.
A cita, promovida arredor dos valores de convivencia e paz, mantén o formato previsto, con distintas carreiras adaptadas por idades e participación aberta no marco dunha xornada deportiva e comunitaria. Desde a organización agradecen a comprensión da veciñanza e das persoas participantes polo cambio de calendario.