Abre o prazo do Circuíto Cultural en Ordes con cinco cursos e obradoiros ata o 4 de febreiro

O Concello de Ordes abriu o prazo para anotarse no Circuíto Cultural 2026. As inscricións poderán presentarse ata o 4 de febreiro mediante a ficha dispoñible na web municipal. No Rexistro municipal haberá que achegar copia do DNI e certificado de titularidade bancaria.
Febreiro a abril (Casa da Cultura)
- Curso de smartphones e tabletas (11 horas): venres de febreiro a abril, de 18.00 a 19.00 horas. Prezo: 27,50 euros (reducido 19,25 euros para persoas con discapacidade e maiores de 65 anos).
Marzo (Centro Sociocomunitario Isabel Zendal)
- Obradoiro de decoración de Pascua (8 horas): martes 10, 17 e 24 de marzo, de 17.00 a 19.45. Prezo: 20 euros (reducido 14 euros). O material para cestas, coroas ou ramos corre a cargo do alumnado.
Abril (Centro Sociocomunitario Isabel Zendal)
- Curso de agricultura ecolóxica (9 horas): martes 7, 14 e 21 de abril, de 16.30 a 19.30. Prezo: 22,50 euros (reducido 15,75 euros).
Maio (Centro Sociocomunitario Isabel Zendal)
- Curso de cestería (12 horas): sábados entre o 9 e o 30 de maio, de 16.30 a 19.00. Prezo: 30 euros (reducido 21 euros) + 7 euros de material.
- Obradoiro de poda verde (6 horas): martes 26 de maio (segunda sesión en xuño), con matrícula de 15 euros (reducido 10,50 euros).
Xuño (Centro Sociocomunitario Isabel Zendal)
- Obradoiro de poda verde (6 horas): martes 9 de xuño (segunda sesión). Prezo incluído na matrícula: 15 euros (reducido 10,50 euros).
O Concello aplicará ás familias numerosas un desconto do 50% sobre a tarifa xeral.