Abre o prazo de inscrición nas Escolas Infantís de Oleiros

ACoruñaXa
O Concello de Oleiros mantén ata o 5 de abril aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2024/2025 nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros
Imaxe da Escola Infantil A Canteira de Oleiros
18 Mar 2024

O Concello de Oleiros mantén ata o 5 de abril aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2024/2025 nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros.

Deste xeito, o prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso.

Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que prefiran como primeira opción: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Nelas serán atendidos e facilitarase toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria.

0.10580086708069