Abre a pesqueira de xarda para a flota de artes menores con porto base na Coruña

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación abrirá, este 7 de marzo, a pesqueira de xarda para os buques de flota con artes distintas ao arrastre e ao cerco con porto base na provincia da Coruña. A resolución correspondente foi publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE), establecendo unha cota de pesca de 639.711 quilogramos para esta provincia.
Como novidade, e tras analizar a evolución do consumo na pasada campaña, permitirase o acceso á pesca da xarda a todos os buques de artes menores, rasco, volanta e palangre de fondo no Cantábrico e noroeste que teñan porto base na Coruña. Esta medida supón unha oportunidade para un maior número de embarcacións, favorecendo a actividade pesqueira na zona. Por agora, non se considera necesario establecer topes de capturas.
Máis de 2.000 buques de artes menores, ademais de 12 rasqueros e 20 palangreiros de fondo con porto base na Coruña, poderán iniciar a campaña de pesca da xarda. Esta especie destaca pola súa alta mobilidade e a rapidez coa que se desenvolve a súa captación, sendo fundamental para a viabilidade socioeconómica da flota de artes menores. Ademais, a campaña contribúye a achegar ao mercado un peixe de tempada moi apreciado polos consumidores.
Segundo a resolución publicada no BOE, a cota provincial distribuirase en dóus bloques iguais: o 50 % destinarase á pesca dirixida (319.855,66 quilográmos) e o outro 50 % a pesca accesoria (319.855,66 quilográmos). Dentro desta distribución, un 10 % da cota accesoria (31.985,57 quilográmos) será reservado para os barcos da modalidade de volanta, tendo en conta o historial de capturas e a redución do número de buques desta modalidade nos últimos anos.
Ademais, grazas á aplicación da flexibilidade interanual, engádense 92.262 quilográmos adicionais procedentes da cota non capturada en 2024, o que incrementa as posibilidades para a flota coruñesa en 2025. En caso de que a pesqueira non se desenvolva de maneira adecuada, valorarase a aplicación de medidas de xestión adicionais, como o establecemento de topes de captura ou peches preventivos.
A campaña de pesca da xarda iniciarase o 7 de marzo, agás para os buques da modalidade de volanta, que poderán comezar dende o día seguinte á publicación da resolución no BOE. Unha vez esgotada a cota asignada para pesca dirixida, procederáse ao peche da pesqueira.