Abraham Cupeiro e a Orquestra GAOS protagonizarán unha noite máxica na Semana Clásica de María Pita

ACoruñaXa
O concerto, con entrada libre, ofrecerá este luns o espectáculo "Mythos" na praza de María Pita
Imaxe do músico Abraham Cupeiro
19 Ago 2024

As Festas de María Pita continuarán este luns 19 de agosto cunha nova sesión da Semana Clásica. Nesta ocasión, tras a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña, actuará a Orquestra GAOS, que contará sobre o escenario co multiinstrumentista sarriao Abraham Cupeiro.

O concerto será ás 21.00 horas na praza de María Pita. O Goberno de Inés Rey apostou con esta programación das Festas de María Pita 2024 por unha ampla variedade de actividades para todos os públicos e idades, mantendo ciclos cun amplo percorrido como esta Semana Clásica.

O concerto da Orquestra GAOS con Abraham Cupeiro será unha actuación moi especial, pois o músico presentará na Coruña Mythos, o seu novo espectáculo. A Orquestra GAOS xa acompañou ao músico na xira de presentación en marzo e abril e agora retoman este proxecto conxunto para amosarllo á cidadanía coruñesa.

A Orquestra GAOS leva moitos anos participando na Semana Clásica das Festas de María Pita, tratando de sorprender cada ano ao público cun concerto diferentes e especial. Mythos buscará sumerxer ao público en mundos e cidades perdidas no tempo, nunha viaxe musical única a través de historiascreadas desde tempos inmemoriais.

0.21316695213318