Aberto o prazo para participar na cabalgata dos Reis Magos de Betanzos
ACoruñaXa
Poderán anotarse nenos e nenas de entre 6 e 12 anos ata o próximo venres día 12

8 Dec 2025
O Concello de Betanzos ten aberto ata o próximo venres, 12 de decembro, o prazo de inscrición para participar na tradicional cabalgata dos Reis Magos.
Poderán apuntarse nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que queiran formar parte do desfile, e as inscricións deberán realizarse a través dun formulario en liña dispoñible na páxina web do Concello.
En total, hai 24 prazas dispoñibles, que se asignarán mediante sorteo o xoves 18 de decembro nun acto que se celebrará no Salón Azul do Edificio Arquivo ás 12:00 horas.