Aberto o prazo de renovación para o comedor e mañanceiros do CEIP Vales Villamarín de Betanzos

ACoruñaXa
Este servizo, malia non ser competencia directa do Concello, continúa a ser unha prioridade para o Goberno local
Nenos no comedor escolar
2 May 2025

O Concello de Betanzos vén de abrir o prazo para renovar as prazas e solicitar bonificacións no servizo de comedor escolar e mañanceiros do CEIP Vales Villamarín de cara ao curso 2025-2026. As familias poderán presentar as súas solicitudes entre o 2 e o 13 de maio.

A partir do 26 de maio e ata o 3 de xuño, abrirase o prazo para novas inscricións, dirixido a aquelas familias que desexen acceder por primeira vez a este servizo que, malia non ser competencia directa do Concello, continúa a ser unha prioridade para o Goberno local.

A alcaldesa de Betanzos destacou a importancia destas iniciativas para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación e fomentar hábitos de vida saudables dende a infancia.

O Concello lembra que toda a información e a documentación necesaria para realizar as solicitudes está dispoñible a través das canles oficiais municipais.

⚙ Configurar cookies
0.15078902244568