Aberto o período de votación para elixir ao mellor deportista masculino e feminino de Ordes

ACoruñaXa
Os veciños poderán votar ata o 14 de decembro
Imaxe recurso deportes
6 Dec 2025

Ata o 14 de decembro, a veciñanza de Ordes poderá votar para elixir aos mellores deportistas do municipio, de cara á entrega de premios na V Gala do Deporte do Concello de Ordes. O acto terá lugar o venres 19 de decembro no pavillón Castelao I.

As persoas interesadas en participar deberán reflexar os seus votos no formulario dispoñible nas redes sociais municipais, onde tamén poderán consultar o currículo de cada un dos nominados.

Na categoría masculina, os nominados son: Álvaro Viqueira (Club Xadrez Ordes), Gonzalo Louro Noya (Club Patín Zendal), Jorge Cano (Cornhole Ordes) e Mateo Boudjenane Liñares (Club Boudsport Taekwondo).

Na categoría feminina, as candidatas son: Alba Figueira Marzoa e Alba Rey Franqueira (ambas do Club Boudsport Taekwondo), Gabriela Balestrini (Cornhole Ordes), Lara López Fernández (Club Natación Ordes, salvamento) e Natalia Raña (K2ORDES).

⚙ Configurar cookies
0.088617086410522