Abegondo volve xogar pola solidariedade co torneo de futsal 'Mételle un gol ó cancro' en San Marcos

ACoruñaXa
O pavillón acollerá do 26 ao 28 de decembro partidos en categoría feminina e masculina, con comida, música e recadación a favor do Centro Oncolóxico de Galicia
ABEGONDO gol cancer
19 Dec 2025

O pavillón de San Marcos, en Abegondo, será escenario dunha nova edición do torneo solidario de futsal 'Mételle un gol ó cancro', unha cita que combinará deporte e convivencia para apoiar ao Centro Oncolóxico de Galicia. A actividade desenvolverase durante tres días, do venres 26 ao domingo 28 de decembro, con competición tanto en categoría feminina como masculina.

O venres 26 o torneo arrincará a partir das 16.00 h. Ao longo da xornada tamén haberá opción de xantar, con propostas como tortilla e filloas. O sábado 27 disputaranse encontros durante todo o día para definir os equipos semifinalistas, nun ambiente que incluirá servizo de comida con 'food trucks' e o 'bochinche' da organización. A partir das 19.00 h está prevista unha festa con música a cargo do DJ The Busking Gentleman.

O domingo 28 concentrará as eliminatorias decisivas. Pola mañá xogaranse as semifinais femininas e masculinas e, pola tarde, celebraranse as finais: ás 17.30 h será a final feminina e ás 19.30 h a final masculina. No calendario figura tamén, ás 18.30 h, o Trofeo Mary Carmen Presas, cun encontro de veteranos entre o RC Deportivo e o Ardebulo FC. A entrega de trofeos está marcada para as 20.30 h. A organización anuncia ademais chocolate con churros e callos, así como un sorteo con múltiples premios ao remate.

⚙ Configurar cookies
0.087255954742432