Abegondo viviu o seu tradicional Encontro de Palilleiras e Multilabores nunha nova edición

ACoruñaXa
Durante esta cita puido admirarse o traballo das palilleiras nos distintos postos
abegondo-palilleiras
11 May 2025

O tradicional Encontro de Palilleiras e Multilabores celebrouse no Concello de Abegondo, acadando xa a súa IX edición. O escenario da cita foi a finca Os Loureiros dende as 10.00 ata as 19.00 horas.

Durante esta cita puido admirarse o traballo das palilleiras nos distintos postos. Este evento puido reunir arredor de 250 persoas dedicadas a estes oficios, procedentes de toda Galicia. Contou coa presenza do alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, así como da presidenta da Asociación de Veciños de Abegondo, Mercedes Fariña.

Non faltaron durante a xornada os sorteos de agasallos e púidose degustar café e biscoito, así como produtos da Reserva da Biosfera.

⚙ Configurar cookies
0.1985330581665