Abegondo vivirá un Entroido 2025 cheo de cor, música e diversión

ACoruñaXa
Os concursos de disfraces serán un dos grandes atractivos da xornada, con diferentes categorías e premios
entroido-abegondo-25
26 Feb 2025

Abegondo xa está listo para celebrar o Entroido 2025 cunha gran festa que terá lugar o domingo 2 de marzo a partir das 17.00 horas no Campo da Feira e Pavillón Polideportivo. O evento, organizado polo Concello de Abegondo, promete unha tarde inesquecible para veciños e visitantes, con concursos de disfraces, premios e música en directo.

Os concursos de disfraces serán un dos grandes atractivos da xornada, con diferentes categorías e premios en metálico. Os participantes poderán concursar de maneira individual ou en parellas, optando a un primeiro premio de 150 euros. Para os grupos de 3 a 7 integrantes, o primeiro premio será de 300 euros e o segundo de 200 euros. As comparsas, formadas por 8 ou máis membros, poderán gañar 800 euros polo primeiro posto e 500 euros polo segundo.

O desfile dos participantes comezará ás 18.30 horas, e a hora máxima de presentación será ás 18.00 horas. Ademais, todas as persoas empadroadas que asistan disfrazadas e se inscriban previamente recibirán un agasallo.

Os prazos de inscrición están xa abertos. Para os vales, a data límite é o 25 de febreiro. No caso dos concursos de disfraces, as inscricións poden realizarse na Casa do Concello ata o 28 de febreiro ás 20.00 horas. De maneira excepcional, e previa autorización da organización, tamén se permitirá inscribirse o mesmo día do concurso.

A festa estará amenizada pola actuación musical de Carlos Manteiga, que traerá a mellor música do momento para garantir unha celebración chea de alegría e diversión. Para máis información, os interesados poden contactar cos teléfonos 981 669 266 ou 981 647 996.

 

⚙ Configurar cookies
0.16409993171692