Abegondo recibe a Leti da Taberna co monólogo 'Jastac Japi Jolidais' no Centro Cultural O Salón

O Concello de Abegondo incorpora esta semana unha nova cita á súa programación cultural coa chegada da monologuista Leti da Taberna, que presentará o seu espectáculo 'Jastac Japi Jolidais' o venres 16 de xaneiro, ás 21.00 h, no Centro Cultural O Salón.
A proposta preséntase como unha comedia pensada para facer rir e, ao tempo, convidar á reflexión sobre o uso das redes sociais cando estamos de vacacións e sobre se realmente se gozan esas experiencias máis alá do móbil.
Para asistir, o Concello habilitou reserva previa de entradas a través do correo cultura@abegondo.gal ou no teléfono 981 64 79 96. A organización lembra tamén que haberá preferencia para persoas empadroadas.