Abegondo prepárase para unha nova edición da súa Festa da Xuventude o vindeiro 16 de maio

ACoruñaXa
A música será protagonista e tamén se poderá desfrutar dunha cantina e dunha zona food truck
cinema-abegondo
3 May 2025

O Concello de Abegondo recupera este ano a súa popular Festa da Xuventude cunha proposta musical que promete converter o Campo da Feira nun auténtico escenario de diversión. A cita terá lugar o venres 16 de maio a partir das 22.00 horas, e contará cun cartel pensado para todos os públicos.

A protagonista da noite será a Orquesta Cinema, que traerá ao municipio o seu espectacular repertorio e posta en escena, seguida do DJ Takesound, que animará a madrugada ao volante da súa disco móbil DJ Truck.

A música non será o único reclamo: os asistentes tamén poderán desfrutar dunha cantina e dunha zona food truck, ideais para repoñer forzas durante a festa.

Desde o Concello animan á veciñanza e á mocidade da contorna a achegarse a esta celebración que busca reforzar a vida cultural e o ocio xuvenil en Abegondo.

⚙ Configurar cookies
0.15559196472168