Abegondo prepara unha gran festa para recibir aos Reis Magos o luns 5 de xaneiro

ACoruñaXa
O polideportivo municipal abrirá ás 17.00 horas con música, xogos e inchables, e haberá roscón e chocolate para os asistentes
ABEGONDO cabalgata reis
3 Jan 2026

O Concello de Abegondo dará a benvida aos Reis Magos o vindeiro luns 5 de xaneiro cunha celebración no polideportivo municipal, en San Marcos. A xornada comezará ás 17.00 horas, cando se abrirán as portas do pavillón para que as familias poidan gozar dunha tarde chea de propostas de lecer.

A programación incluirá música, xogos e inchables, ademais dun reparto de roscón e chocolate. A chegada de Sus Maxestades está prevista a partir das 18.30 horas, momento no que realizarán un desfile acompañados do seu séquito para saudar aos veciños que cada ano enchen este encontro.

Xa no interior do polideportivo, terá lugar a recepción real, na que os máis pequenos poderán achegarse para trasladarlles aos Reis as últimas peticións antes da noite máis agardada do Nadal. A actividade será de acceso libre e gratuíto.

⚙ Configurar cookies
0.090775012969971