Abegondo organiza obradoiros de adornos florais para dar a benvida ao Nadal

ACoruñaXa
As sesións terán lugar os días 16 e 17 de decembro, de 18.00 a 21.00 horas, no departamento de Cultura
ABEGONDO arreglos nadal
22 Nov 2025

O Concello de Abegondo pon en marcha dous obradoiros de adornos florais co obxectivo de preparar a chegada do Nadal e engadir un toque creativo ás celebracións destas datas. As actividades desenvolveranse o martes 16 e o mércores 17 de decembro, en horario de 18.00 a 21.00 horas.

Durante as sesións, as persoas participantes aprenderán a elaborar composicións florais e centros decorativos con temática navideña, guiadas por profesionais do sector, para poder decorar as súas casas ou agasallar con creacións propias.

As inscricións xa están abertas no departamento de Cultura do Concello de Abegondo. As persoas interesadas poden reservar praza chamando ao teléfono 981 647 996 ou enviando un correo electrónico a cultura@abegondo.gal.

⚙ Configurar cookies
0.073560953140259