Abegondo e Arteixo reciben o Premio Galicia Saudable por fomentar a actividade física

ACoruñaXa
Os concellos destacan pola promoción de hábitos de vida saudables e o deporte na súa cidadanía
ABEGONDO E ARTEIXO gañadores gala deporte
12 Sep 2025

O Concello de Abegondo foi recoñecido co Premio Galicia Saudable, que concede a Secretaría Xeral para o Deporte, grazas aos bos resultados da súa política deportiva e á súa aposta pola promoción da actividade física e os hábitos de vida saudable.

O alcalde, José Antonio Santiso, recolleu o galardón nunha gala celebrada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, xunto coa representación do Concello de Arteixo, co que comparte este premio ex aequo.

O Concello de Arteixo tamén destaca na promoción do deporte, contando cunha ampla oferta de escolas deportivas municipais que inclúen numerosas modalidades e grupos para diferentes idades, consolidando así a súa aposta pola actividade física entre a cidadanía. O recoñecemento subliña a ambos concellos como entidades públicas que sobresaíron no fomento do deporte e na implantación de programas que animan á poboación a levar unha vida activa.

⚙ Configurar cookies
0.18444490432739