Abegondo celebra o 1 de novembro o 'Camiño das Ánimas' con andaina nocturna e magosto

O Concello de Abegondo convoca para o venres 1 de novembro unha nova edición do 'Camiño das Ánimas', unha proposta de Samaín que combina andaina nocturna por Beche, magosto popular, música e ambientación temática.
A xornada arrancará ás 18.30 horas cun punto de maquillaxe para quen queira completar o seu aspecto terrorífico. A saída da andaina está programada para as 19.30 horas. A organización recomenda levar lanterna, unha cabaza e un disfraz de medo para gozar da experiencia.
A participación é gratuíta, mais é preciso inscribirse previamente no Departamento de Cultura. As persoas interesadas poden anotarse escribindo a cultura@abegondo.gal
ou chamando ao 981 647 909.