Abegondo celebra a tradición oral galega coa actuación de ‘Cantareiras’

Abegondo acolleu a actuación de contacontos ‘Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas’, un espectáculo que rende homenaxe ás mulleres que cultivaron e transmitiron a tradición oral galega. Esta actividade, promovida pola Deputación da Coruña, está enmarcada dentro da programación das Letras Galegas 2025.
O evento, celebrado no CEIP San Marcos, combinou narración oral, música e debuxo, e contou coa participación activa dos nenos e nenas da Aula Lúdica de Verán, que puideron gozar dunha experiencia cultural e educativa única.
‘Cantareiras’ pon en valor o papel das mulleres no mantemento do patrimonio literario e musical galego, acercando á rapazada unha parte esencial da identidade do país.