Abegondo aproba a dotación do mobiliario do novo Pazo da Cultura de Os Loureiros e investe en infraestruturas locais

ACoruñaXa
O pleno extraordinario tamén respaldou obras de saneamento, seguridade vial e melloras en camiños da parroquia de Mabegondo
ABEGONDO pazo cultural os loureiros
8 Sep 2025

O Concello de Abegondo celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que se aprobaron investimentos que reforzan os servizos e infraestruturas do municipio. Entre os acordos adoptados destaca a autorización do gasto plurianual para o suministro de mobiliario do Pazo da Cultura de Os Loureiros, grazas á axuda de 200.000 euros concedida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A contía correspondente a 2025 ascende a 65.047,46 euros e permitirá comezar o expediente de contratación e instalar o equipamento necesario na biblioteca. O punto saíu adiante co voto favorable do equipo de goberno e a abstención do PSOE, que preguntou polos prazos de apertura; o alcalde, José Antonio Santiso, avanzou que se espera que o espazo estea operativo na próxima primavera.

Ademais, a corporación municipal aprobou por unanimidade o paquete de obras que se financiará con fondos do POS+Adicional 2/2025 da Deputación da Coruña. A primeira fase, de 115.690,01 euros, destinarase á reparación da estrada entre A Calva (Cerneda) e A Fraga (Vizoño). A segunda fase, con 154.544,50 euros, permitirá renovar a estación de bombeo de San Marcos, construír unha nova EBAR en O Asadiño e pavimentar varios camiños en Mabegondo, concretamente en O Monte e O Torreiro. En conxunto, ambos paquetes suman 270.234,51 euros, reforzando o saneamento, a seguridade vial e a mobilidade rural do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.12813687324524