Abegondo aposta polo deporte base cun novo Campus de Taekwondo dirixido por Rubén Taboada

ACoruñaXa
Unha iniciativa que durante toda esta semana reunirá a pequenos e pequenas do municipio arredor desta arte marcial
abeg-taekwondo
29 Jul 2025

O Concello de Abegondo vén de poñer en marcha unha nova edición do seu Campus de Taekwondo, unha iniciativa que durante toda esta semana reunirá a pequenos e pequenas do municipio arredor desta arte marcial, combinando formación técnica, valores deportivos e momentos de diversión.

A actividade está dirixida por Rubén Taboada, adestrador do Kwon e da selección galega xunior, que guiará aos participantes na mellora das diferentes áreas do taekwondo. O campus, que xa se consolidou como unha proposta deportiva de referencia no verán de Abegondo, conta tamén cun aliciente especial: cada día visita un deportista de renome, que comparte co alumnado a súa experiencia no alto rendemento e a súa paixón por este deporte.

O broche de ouro chegará ao final da semana coa presenza de Marco Carreira, ex adestrador do CAR de Madrid e da Selección Española, que estivo presente nas Olimpíadas de Londres e Río. Neses Xogos, o taekwondo español colleitou nada menos que cinco medallas olímpicas, sendo Carreira unha figura clave na preparación dos atletas.

Desde o Concello destacan o valor formativo e motivador deste campus, tanto polo nivel técnico do seu equipo como pola oportunidade que representa para a rapazada de achegarse ao deporte de elite desde a proximidade e a inspiración directa.

⚙ Configurar cookies
0.15875005722046