Abegondo acolle un encontro sobre a resiliencia das mulleres palestinas

A Casa do Concello de Abegondo será o escenario o vindeiro martes 11 de novembro ás 18.30 horas da conferencia 'Visita ao Norte. A voz resiliente das mulleres palestinas', protagonizada por Hanan Kaoud, concelleira de Ramallah (Cisxordania).
Durante o encontro, Kaoud compartirá a súa experiencia e compromiso coa defensa dos dereitos humanos en Palestina, ademais de ofrecer unha visión directa sobre a situación de ocupación que vive o territorio palestino.
A actividade forma parte do programa impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración co Concello de Abegondo, e ten como obxectivo promover a reflexión sobre o papel das mulleres na construción da paz e a resistencia en contextos de conflito.