Abegondo acolle ‘Motores pola vida’: deporte e solidariedade a favor de ASANOG

ACoruñaXa
O encontro benéfico, organizado por Bikers Solitarios no encoro de Beche, celébrase este domingo de 10.00 a 19.00 con rutas, exhibicións, sorteos e sesión DJ
ABEGONDO motores por la vida
23 Sep 2025

O deporte do motor e a solidariedade daranse cita este domingo no encoro de Beche con ‘Motores pola vida. A paixón que cura’, un evento benéfico organizado por Bikers Solitarios cuxa recadación íntegra se destinará a ASANOG, a Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia. A xornada, pensada para os amantes do motor e para gozar en familia, desenvolverase de 10.00 a 19.00 cun completo programa de actividades.

O alcalde José Antonio Santiso e o concelleiro Alberto Seoane recibiron esta mañá ao presidente de Bikers Solitarios, Juan Lojo, e á responsable de Comunicación de ASANOG, Aldara Palmeiro, subliñando o dobre obxectivo do encontro: promover unha convivencia arredor do motor e sumar fondos para apoiar a nenos e mozos en tratamento. A organización confirmou a presenza do piloto galego Martín Portela, campión de España en 110 cc e único galego con dobre título en dúas probas distintas, así como a participación de varios motoclubs da zona.

En Beche daranse cita motos de estrada e off-road, coches clásicos e mesmo camións. Haberá rutas organizadas, exhibicións, sorteos e sesión DJ ao longo do día. As persoas interesadas poden inscribirse a través da plataforma Motor España; a inscrición inclúe comida, participación nas rutas moteiras e acceso a charlas e outras propostas do programa. Desde o Concello e a organización animan á veciñanza a sumarse a unha xornada que converte a afección polo motor en axuda concreta para ASANOG.

⚙ Configurar cookies
0.097384214401245