Abegondo acolle este sábado o Belén Vivente en patíns no pavillón de San Marcos

ACoruñaXa
A cita contará coa Escola Municipal de Patinaxe, o Grupo de Gaitas e Baile do Concello e a actuación especial de Hugo Torreiro
ABEGONDO belén sobre patines
Imaxe da edición de 2024
18 Dec 2025

O pavillón municipal de San Marcos será escenario este sábado, 20 de decembro, dunha nova edición do Belén Vivente en patíns, unha proposta cultural e festiva que se consolida como unha das actividades máis singulares do Nadal en Abegondo.

A partir das 19.00 horas, os membros da Escola Municipal de Patinaxe ofrecerán unha función especial na que o deporte e a tradición se darán a man, acompañados pola música e o baile do Grupo de Gaitas e Baile do Concello de Abegondo.

O evento contará tamén coa participación de Hugo Torreiro, gañador do concurso da TVG 'Xa temos canción do Nadal 2025!', que achegará un toque musical destacado a unha xornada pensada para todos os públicos.

Desde o Concello animan á veciñanza a achegarse ao pavillón e gozar dunha tarde chea de espírito nadalicio, música e espectáculo.

⚙ Configurar cookies
0.081412076950073