Abegondo abre o prazo para solicitar as axudas deportivas de alto interese municipal 2025

ACoruñaXa
As persoas e clubs interesados poderán presentar a súa solicitude ata o 24 de novembro a través da Sede Electrónica ou no Rexistro Municipal
ABEGONDO axudas deportistas
10 Nov 2025

O Concello de Abegondo abre o prazo de inscrición para solicitar as axudas deportivas de alto interese municipal correspondentes ao ano 2025. O obxectivo destas prestacións é apoiar a práctica deportiva, o rendemento e a participación en competicións oficiais nas distintas modalidades recoñecidas, tanto a nivel individual como colectivo.

As persoas e entidades interesadas dispoñen de dez días hábiles, ata o luns 24 de novembro incluído, para presentar a súa solicitude. Poderán facelo de dúas formas: a través da Sede Electrónica municipal ou no Rexistro do Concello de Abegondo, en horario de atención ao público.

Estas axudas forman parte da aposta do goberno local polo fomento da actividade deportiva e o apoio aos deportistas e clubs que representan ao municipio en eventos de ámbito autonómico, nacional e internacional. As bases completas da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.07291579246521