A XXI Festa do Pan de Carral acadou un gran éxito de asistencia

O Concello de Carral pechou a XXI edición da Festa do Pan de Carral, celebrada esta fin de semana, cunha asistencia masiva que consolidou unha vez máis este evento como unha das citas gastronómicas e culturais máis destacadas da comarca.
Durante as dúas xornadas repartíronse máis de 6.000 bocadillos cardiosaludables elaborados con pan artesán de Carral, produto que se reafirma como símbolo de identidade local.
O Concello de Carral quere recoñecer publicamente o labor dos panadeiros e panadeiras do municipio, verdadeiros protagonistas da celebración, así como o traballo da Comisión de Festas, das forzas e corpos de seguridade, do servizo de Emerxencias e Protección Civil de Carral, e de todo o persoal municipal implicado na organización. Destácase tamén a actitude exemplar da veciñanza e das persoas asistentes.
A Festa do Pan de Carral consolídase así como un referente que combina tradición e calidade gastronómica, deixando un balance moi positivo nesta XXI edición e marcando o camiño cara á súa vixésimo segunda edición.