A XVIII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada continúa con dúas novas representacións

A programación da XVIII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada prosegue esta fin de semana cunha nova cita co talento escénico galego. O sábado 12 de abril será a quenda da compañía El Ruiseñor, procedente de Culleredo, que subirá ao escenario coa obra "Arsénico por Compasión". Xa o domingo 13, a asociación teatral viguesa Fauna 113 presentará "Os veciños do lado", pechando así unha fin de semana dedicada á comedia e ao teatro de proximidade.
Ambas representacións forman parte do certame e optan aos Premios Lugrís Freire, galardóns cos que o Concello de Sada recoñece cada ano o traballo das agrupacións teatrais afeccionadas. As funcións terán lugar no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns e comezarán ás oito da tarde.
A clausura da mostra terá lugar o sábado 20 de abril, nunha gala especial que incluirá a entrega dos premios e a representación da obra "El perro del hortelano", da Asociación Cultural Noite Bohemia, como broche de ouro a esta edición.
A Mostra de Teatro de Sada, xa na súa décimo oitava edición, mantense como unha das citas culturais máis destacadas da comarca, combinando entretemento, participación cidadá e fomento das artes escénicas nun ambiente de celebración e compromiso coa cultura local.