A Xunta reivindica Impulsa Project 2025 como escaparate do talento emprendedor galego en Coruña The Style Outlets

ACoruñaXa
A 3ª edición, que se celebra en Culleredo, reúne cinco proxectos da Rede de Polos nun espazo con sete expositores e suma xa preto de 5.000 iniciativas asesoradas
CULLEREDO style outlets
30 Oct 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, inaugurou a 3ª edición de Impulsa Project 2025 no centro comercial Coruña The Style Outlets e puxo en valor esta feira como lugar de encontro e difusión do emprendemento feito a man e enraizado no territorio. Tamén destacou o labor de acompañamento da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, que leva atendidos arredor de 5.000 proxectos en Galicia.

Durante dúas xornadas, a feira dispón dun espazo con sete expositores, cinco deles dedicados ás iniciativas impulsadas desde a Rede de Polos e outros dous á Xunta de Galicia e ao propio centro comercial. As propostas participantes caracterízanse pola súa diversidade, creatividade e enfoque sostible, con marcas que traballan desde a reutilización téxtil, a xoiería artesanal con resina e elementos naturais, a elaboración de velas e artigos decorativos personalizados, a especialización en xoguetes educativos e a creación de xoias minimalistas feitas a man con arxila polimérica, resina e aceiro inoxidable.

Segundo a Xunta, Impulsa Project consolida Coruña The Style Outlets, en Culleredo, como unha vitrina para novas marcas e creadoras e creadores locais, ao tempo que achega ás persoas emprendedoras o apoio técnico da Rede de Polos e o contacto directo co público.

⚙ Configurar cookies
0.078989028930664