A Xunta pon el valor o Ceida en Oleiros como referente na educación ambiental

ACoruñaXa
Salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento e documentación
Imaxe do consello de dirección e da comisión executiva do Ceida celebrado este xoves
16 Maio 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta, Ángeles Vázquez, puxo este xovesen valor o Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental (Ceida) como referente no eido da educación ambiental tras desenvolver preto de 1.500 actividades o pasado ano 2023, nas que participaron máis de 47.500 persoas.

Fíxoo durante a súa intervención no consello de dirección e na comisión executiva desta entidade, a conselleira subliñou que estes datos do balance anual de 2023 supoñen un incremento con respecto aos rexistros de 2022, cando se organizaron 1.293 actividades que contaron con 40.203 participantes.

Nesa liña, Ángeles Vázquez salientou o traballo que desenvolve o Ceida coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento e documentación. Máis polo miúdo, explicou que, por exemplo, as preto de 1.300 actuacións levadas a cabo no marco dos programas de educación ambiental contaron coa participación de máis de 24.100 persoas, e preto de 14.400 visitaron algunha das 48 accións desenvolvidas ao abeiro do programa de exposicións itinerantes.

Ademais de analizar a actividade realizada o pasado ano, Ángeles Vázquez avanzou algunhas das accións que se desenvolverán ao longo de 2024 coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Así, ademais de cooperar nos programas de educación ambiental e de exposicións itinerantes, desenvolveranse unha campaña de dinamización e sensibilización en torno ás Reservas de biosfera así como outra formativa e de comunicación sobre a importancia das áreas protexidas.

 

0.17932796478271