A Xunta inviste máis de 4 M€ nos centros educativos de Arteixo e repara o IES Manuel Murguía

ACoruñaXa
O investimento inclúe a rehabilitación integral do instituto cun orzamento de 1,3 M de euros e tamén se amplía o IES da Pastoriza e se renova a cuberta do colexio Ponte dos Brozos
ies-murguia-arteixo
2 Oct 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destina máis de 4 millóns de euros a obras de mellora nos centros educativos de Arteixo dentro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, segundo anunciou hoxe o secretario xeral técnico, Manuel Vila. A intervención máis salientable é a rehabilitación integral do IES Manuel Murguía, cun orzamento de 1,3 M de euros e xa en execución.

Os traballos no instituto inclúen a substitución de cubertas (1.895 m²), a renovación da carpintería exterior (122 fiestras e 17 portas), a implantación de illamento térmico exterior mediante SATE en 2.523 m² de fachada e a renovación da iluminación e dos falsos teitos. Ademais destas obras, a Xunta está a executar a ampliación do IES da Pastoriza con 2,1 M€ e a substitución da cuberta do CEIP Ponte dos Brozos por 370.000 euros.

Respecto das gradas exteriores do IES Manuel Murguía, a Unidade Técnica inspeccionouna en agosto e concluíu que non existe risco inmediato para a seguridade, explicou Manuel Vila, quen trasladou unha mensaxe de tranquilidade ás familias. Non obstante, a Consellería colaborará co Concello de Arteixo para estudar, desde o punto de vista técnico e tendo en conta a topografía do terreo, melloras complementarias se fose preciso.

⚙ Configurar cookies
0.10414004325867