A Xunta impulsa a conciliación familiar no verán a través do deporte

A Xunta de Galicia promove a conciliación familiar durante o verán mediante a cuarta edición do Plan Corresponsables, que ofrece servizos de coidado profesional combinados con actividades deportivas. O xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Roberto García, visitou o cento de rapaces e rapazas que participaron en Arteixo en sesións de judo e salvamento organizadas polo JK Centro Deportivo de Judo e o Club Salvamento Arteixo.
O programa, que se prolongará ata o 30 de setembro, conta coa implicación de 16 federacións deportivas galegas, entre elas fútbol, xudo, piragüismo, balonmán, vela ou surf. A iniciativa ten como obxectivo fomentar a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade entre mulleres e homes con fillos e fillas menores de ata 16 anos, promovendo a convivencia, o deporte base e hábitos de vida saudables.
Desde a Xunta destacan que o Plan Corresponsables favorece a conciliación laboral e familiar, e contribúe á creación de emprego de calidade no sector dos coidados, ao financiar custos salariais e actividades de animación socio deportiva. Nas edicións anteriores participaron case 40.000 menores, e este ano, ademais das federacións, as universidades galegas colaboran para expandir as actividades e facilitar a participación das familias.