A Xunta finaliza as melloras no acceso e aparcamento no centro de saúde de Culleredo

ACoruñaXa
A actuación, financiada pola Consellería de Sanidade, permite mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria
20250307_belen_culleredo_-(11)
7 Mar 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, supervisaron a finalización das obras de mellora do acceso e do aparcamento ao centro de saúde de Culleredo, situado en Acea de Ama. A actuación, financiada pola Consellería de Sanidade cun orzamento de preto de 50.000 euros, permite mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria da zona.

A intervención consistiu na renovación integral do espazo, coa pavimentación do firme das calzadas do entorno do centro de saúde, facilitando as entradas e saídas dos vehículos. Tamén se levaron a cabo melloras nas beirarrúoas para garantir unha maior accesibilidade para os peóns, ademais do acondicionamento da zona de aparcamento. A obra incluíu ademais a posta a cota de todas as tapas dos rexistros e o repintado da sinalización viaria horizontal en toda a urbanización perimetral do centro sanitario.

Belén do Campo destacou a importancia desta actuación, subliñando que "grazas á reforma levada a cabo, a veciñanza de Culleredo dispón dun centro de saúde máis accesible, o que resulta determinante para ofrecer unha asistencia sanitaria de máxima calidade".

 

⚙ Configurar cookies
0.084249973297119