A Xunta e o Concello de Carral acordarán a construción das gradas de Os Capelos con cargo aos orzamentos de 2026

O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, e o concelleiro Óscar Bodelo reuníronse co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e acordaron retomar a tramitación para levantar novas gradas no campo de fútbol de Os Capelos. Segundo o Concello, a reactivación iniciarase a partir de xaneiro.
A financiación prevese con cargo aos orzamentos autonómicos de 2026 mediante un acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carral. O detalle do convenio e os prazos de execución concretaranse no desenvolvemento do expediente.
O goberno local lembra que o executivo anterior solicitara unha subvención ao organismo autonómico para esta obra, pero a proposta non superou a puntuación mínima requirida nas bases e quedou fóra da convocatoria.