A Xunta destaca no Congreso Internacional de Seguridade Industrial en Portos a importancia da anticipación

ACoruñaXa
O director xeral de Emerxencias e Interior participou na inauguración do VI Congreso Internacional de Seguridade Industrial en Portos, centrado na molécula verde e nos desafíos da integración das novas fontes de enerxía nas infraestruturas portuarias
Imaxe do congreso Internacional de Seguridade Industrial en Portos
22 Maio 2024

Este mércores comezou na Coruña o VI Congreso Internacional de Seguridade Industrial en Portos. O eventou de inauguración contou coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, quen sinalou a anticipación como función clave na xestión dos riscos.

Este encontro céntrase na seguridade da molécula verde e nos desafíos que representa a integración das novas fontes de enerxía nas infraestruturas portuarias.

O director xeral incidiu na necesidade de estudar e analizar os retos asociados con estas novas tecnoloxías para obter o coñecemento preciso para planificar e abordar de xeito eficaz calquera eventualidade. Para Villanueva, “é crucial que o sistema integrado de protección civil e de emerxencias de Galicia estean preparados para anticipar e xestionar estes riscos”.

Nesta liña, salientou a importancia do congreso como plataforma para o intercambio de experiencias e información, xa que permitirá axustar os plans de emerxencia á nova realidade. “O  noso obxectivo é trasladar o coñecemento adquirido aos procedementos operativos dos diferentes servizos integrados no sistema de protección civil e emerxencias de Galicia”, apuntou.

Santiago Villanueva referiuse a este encontro bienal como “referente consolidado no ámbito científico-técnico relacionado coa seguridade nos portos”. Neste ano céntrase nos riscos asociados ao transporte e almacenamento de hidróxeno verde, metano e outros vectores enerxéticos que ademais están “relacionados con proxectos estratéxicos que sitúan Galicia á vangarda na implementación das enerxías sustentables”.

0.16741299629211